top of page
Ancla 1
PROFESIONAIS_base para info-07.jpg
Aitor Garuz_recortada_color.jpg

AITOR GARUZ MILLA

Formado na Circus Space de Londres e en Carampa, é un artista de circo, actor, músico e con formación tamén de danza. Recén licenciado en Inglaterra entrou a formar parte da compañía galesa Nofit State, como actor-músico-malabarista no espectáculo Inmortal. Dende a súa aterraxe en Galicia entra a formar parte da compañía Pistacatro e participa en case tódalas montaxes da productora así coma noutras montaxes doutras compañías coma Roces y Goces, de Teatro do Morcego e algunha Ultranoite do grupo Chévere. Impulsor e integrante activo do grupo de Teatro de Improvisación en Compostela.

web_ICONOS REDES SOCIALES.png
FACEBOOK.png
bottom of page