top of page
MENU VENTAXAS
BASE_Mesa de trabajo 1.jpg
moscon_rombitos_Mesa de trabajo 1.png

A APCG ten coma obxectivo claro a prol do sector traballar por un lado, analizando as necesidades do circo e conseguir melloras cualitativas para os profesionais do sector en Galicia e un mellor recoñecemento público, e, por outro lado, proporcionar regularmente a tódolos asociados e asociadas información de actualidade para o exercicio da súa profesión.

Neste senso, as socias e socios se beneficiarán da difusión e promoción do circo no seu territorio.

Asimesmo, a APCG traballa tamén para a mellora do circuito en rede en Galicia e asociándose se fomenta a mellora das relacións e conexións entre os diferentes planos que conforman o Circo: artistas, creadores, productores, escolas, salas de exhibición, espazos de residencias, festivais, etc.

Así, o que entra a formar parte da APCG, benefíciase directamente de:

  • A conexión e visibilidade perante as institucións

- Información da actividade circense galega e tamén de Circored (Federación das Asociacións Profesionais de Circo de Galicia)

  • Información sobre concursos, bolsas, subvencións, en Galicia e a nivel estatal

  • Asesoramento legal perante situacións na que as poida precisar

  • Descontos nas diferentes actividades de formación que organice a propia asociación ou outras que organicen outras empresas do sector

  • Descontos en material de Circo en diferentes tendas de Circo

  • Descontos nalgunhas das programacións circenses de festivais ou encontros que se fan no territorio galego

bottom of page