top of page
13_FONDO__Mesa de trabajo 1.jpg

A Asociación Profesional de Circo de Galicia é a asociación que representa ós profesionais do novo Circo galego na nosa terra. Nace no ano 2011 co obxectivo de aunar o sector do circo na comunidade, proporcionando un organismo que axude na interlocución cos organismos públicos, que sirva para aglutinar a tódolos profesionais (creadores, artistas, xestores, productores, distribuidores, programadores, públicos, alumnos, etc.) e darlle unha identidade propia ó sector do circo en Galicia recoñecendo e potenciando esta arte escénica coma chave para a cultura, coma arte singular e diversa e como un Ben de Interés Público presente na vida cultural, social educativa e económica en Galicia.

 

A Asociación de Profesionais de Circo de Galicia entende o circo cunha visión o máis aberta posible, en todas as súas variantes e en toda a súa evolución histórica.

 

Son fins principais da Asociación de Profesionais de Circo de Galicia:

 

  •  Representar as diferentes ramas profesionais do Circo de Galicia (artistas, técnicos, formadores, empresarios, xestores, directores, críticos, técnicos, ..., etcétera).

  •  Divulgar e normalizar o circo en todas as súas modalidades e situalo como un feito intrínsicamente cultural, coa mesma categoría que as outras artes escénicas.

  • Colaborar estreitamente coas administracións para mellorar as políticas culturais relacionadas co Circo. Promover o debate e a cohesión do sector circense, proporcionando ferramentas de profesionalización e traballando con outras identidades do circo a nivel nacional, estatal e internacional en proxectos de promoción do sector.

  • Ser interlocutor válido cara as administracións para defensa dos profesionais do sector.

  • Apoiar e xenerar espazos de creación, aprendizaxe e adestramento na Comunidade Autónoma de Galicia e traballar en conxunto coas Administracións Públicas para o soporte económico e que isto sexa unha realidade.

 

Para levar a cabo os seus fins, a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia debe actuar nos campos da interlocución coas administracións, a formación, a produción, os marcos fiscal e laboral, os circuitos de exhibición, a difusión e o patrimonio histórico.

Neste senso, debe analizar as necesidades do circo no territorio en Galicia e fora de Galicia e proporcionarlle a todas as asociadas e asociados información actualizada para o exercicio da súa profesión.

CIRCO_1OK-azul.png
bottom of page