XUNTA DIRECTIVA

Está conformada por 6 socias e socios que se reunen cunha periodicidade mensual para traballar sobre as liñas estratéxicas da APCG, debater sobre os posicionamentos da asociación perante as políticas do Circo e impulsar novas propostas de mellora do sector, entre outros puntos. 

A Xunta Directiva ten as seguintes atribucións:

  • Programar e dirixir as actividades asociativas.

  • Levar a xestión administrativa e económica da asociación.

  • Someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anaual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

  • Convocar e fixar a data da Asamblea Xeral.

  • Proponerlle a Asamblea Xeral a fixación de cotas  ordinarias e extraordinarias para asociados.

  • Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen  oportunas para o bo funcionamento da asociación.

  • Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral.

  • Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.

  • Propoñer o plan de actividades da asociación á Asamblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

  • Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

  • Aquelas que non veñan atribuidas expresamente a outro órgano da asociación.

A Xunta Directiva, recén escollida no mes de setembro de 2020, funciona de xeito horizontal e está formada polos seguintes membros:

Belém Brandido, Isaac Rodríguez, Greta Marí, Marta Iglesias, Inma Ricoy e Beatriz Rubio.