Son fins principais da Asociación de Profesionais de Circo de Galicia:
-
Representar as diferentes ramas profesionais do Circo de Galicia (artistas, técnicos, formadores, empresarios, xestores, directores, críticos, técnicos, ..., etcétera).
-
Divulgar e normalizar o circo en todas as súas modalidades e situalo como un feito intrínsicamente cultural, coa mesma categoría que as outras artes escénicas.
-
Colaborar estreitamente coas administracións para mellorar as políticas culturais relacionadas co Circo. Promover o debate e a cohesión do sector circense, proporcionando ferramentas de profesionalización e traballando con outras identidades do circo a nivel nacional, estatal e internacional en proxectos de promoción do sector.
-
Ser interlocutor válido cara as administracións para defensa dos profesionais do sector.
-
Apoiar e xenerar espazos de creación, aprendizaxe e adestramento na Comunidade Autónoma de Galicia e traballar en conxunto coas Administracións Públicas para o soporte económico e que isto sexa unha realidade.
Para levar a cabo os seus fins, a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia debe actuar nos campos da interlocución coas administracións, a formación, a produción, os marcos fiscal e laboral, os circuitos de exhibición, a difusión e o patrimonio histórico.
Neste senso, debe analizar as necesidades do circo no territorio en Galicia e fora de Galicia e proporcionarlle a todas as asociadas e asociados información actualizada para o exercicio da súa profesión.